Sostibilidade "ambiental"

Reforzando a economía circular e a sostibilidade

Reforzando a economía circulare a sostibilidade
 

A través do REwater Global Plan establecemos compromisos firmes e cuantificables a nivel de Grupo dirixidos a reforzar o modelo de economía circular e sostibilidade ambiental en toda a nosa actividade.

Obxectivos Sostibilidade Ambiental

Imaxe representativa loitar contra o cambio climático

Loitar contra o cambio climático

Propuxémonos reducir o 90% das emisións de CO2, xeradas no marco da nosa actividade, antes do 2021.

Imaxe representativa preservar a auga como fonte de vida

Preservar a auga como fonte de vida

Queremos reducir un 20% o consumo de auga por habitante mediante solucións dirixidas á reutilización e a minimización de perdas na rede.

Imaxe representativa acadar a autosuficiencia enerxética

Acadar a autosuficiencia enerxética

Re-definición das nosas plantas de tratamento en biofactorías que permiten, ademais de tratar a auga recuperando a vida biolóxica dos ríos e mellorar a saúde das persoas, ser xeradoras de enerxía e recursos para outros sectores industriais.

Imaxe representativa protexer os espazos naturais

Protexer os espazos naturais

Por iso, incorporamos o compromiso de preservar e recuperar a biodiversidade no 100% das nosas instalacións en espazos sensibles.

Imaxe representativa traballar con provedores sostibles

Traballar con provedores sostibles

Comprometémonos a seleccionar o 100% dos nosos provedores estratéxicos tendo en conta criterios de desenvolvemento sostible e responsabilidade social e medioambiental.