Rexistro de provedores

REXISTRO DE PROVEDORES

Coa finalidade de dar cumprimento aos compromisos cos seus provedores, SUEZ Water Spain dispón dun proceso de rexistro de provedores, xestionado pola empresa externa Achilles, no que poderán rexistrarse todas as empresas que estean interesadas en ser provedores de SUEZ Water Spain.

Para formalizar o proceso de rexistro, seguiranse os seguintes pasos:

  • Cubrirase o formulario de rexistro básico.
  • Analizaranse e confirmaranse os datos achegados polos provedores para o desenvolvemento da súa actividade ao servizo de SUEZ Water Spain e, se procede, formalizarase o rexistro do provedor.
  • En caso de non superar o proceso de rexistro, SUEZ Water Spain poderá solicitar un plan de mellora e accións correctoras co fin de resolver as desviacións detectadas.
  • O provedor deberá actualizar anualmente os datos introducidos en tal rexistro, para o cal accederá a Modificar/actualizar datos.

SUEZ Water Spain utiliza este rexistro de provedores como referente nas contratacións que leva a cabo para poder asegurar o cumprimento dos compromisos anunciados.

O rexistro de contratistas RePro é o sistema de clasificación adoptado por SUEZ Spain, S.L., polo que os provedores que desexen participar nun proceso de licitación con convocatoria efectuada por medio dun anuncio sobre a existencia dun sistema de clasificación, en conformidade co artigo 31 da Lei 31/2007, deberán estar inscritos no epígrafe ou epígrafes correspondentes do RePro na modalidade de rexistro “RePro Standard” (rexistro estendido). Esta inscrición pode realizarse por medio da seguinte ligazón: http://www.reprobd.com/reproregistrationform/Default.aspx?Lng=es

O provedor non poderá utilizar a marca SUEZ con ningún fin publicitario nin comercial sen autorización expresa de SUEZ Water Spain.

 

 

COMPROMISOS DE SUEZ WATER SPAIN

 

SUEZ Water Spain é un grupo altamente comprometido coa mellora da calidade de vida das persoas e a xeración de valor para todos os seus grupos de interese, como queda establecido explicitamente na súa misión. Neste senso, SUEZ Water Spain considera que é necesario ter en conta as sensibilidades da súa contorna e, para tal fin, procedeu a identificar os seus grupos de interese, cos que se comprometeu, e desenvolve actuacións enfocadas na mellora continua.

Concretamente, SUEZ Water Spain estableceu os seguintes compromisos con respecto aos seus provedores:

  • Establecer relacións baseadas nos principios de integridade e honestidade.
  • Promover a transparencia nas relacións e manter criterios obxectivos de selección.
  • Fomentar as prácticas de sostibilidade neste colectivo.

 

Descargar PDF: Política de xestión integrada
Descargar PDF: Política de compras
Descargar PDF: Requisitos e boas prácticas aplicables aos provedores